Novas

Equipo de Inclusión Sociolaboral. Concellería de Familia, Benestar Social, Muller e Emprego
09/12/14

Convocatoria. Procedemento de recoñecemento de experiencia profesional adquirida a través de experiencia laboral ou vías non formais de formación

Publícase no DOG do 4 de decembro a convocatoria do procedemento para a acreditación das competencias profesionais adquiridas polas persoas a través da experiencia laboral ou de vías non formais de formación en determinadas unidades de competencia do Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais, de distintas familias profesionais:

– Atención sociosanitaria a persoas no domicilio (SSC089_2): 598 prazas.

– Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais (SSC320_2): 562 prazas.

- Xestión de servizos para o control de organismos nocivos (SEA251_3): 50 prazas.

– Servizos para o control de pragas (SEA028_2): 50 prazas.

– Socorrismo en espazos acuáticos naturais (AFD340_2): 200 prazas.

– Socorrismo en instalacións acuáticas (AFD096_2): 300 prazas.

– Información xuvenil (SSC567_3) : 50 prazas.

– Extinción de incendios e salvamento (SEA129_2): 100 prazas.

– Transporte sanitario (SAN025_2): 200 prazas.

O prazo para a presentación de solicitudes será desde o 5 de decembro de 2014 até o 5 de xaneiro de 2015, agás para as seguintes competencias, nas que o prazo será do 15 de febreiro ao 15 de marzo de 2015(ambos inclusive):

– Extinción de incendios e salvamento (SEA129_2)
– Transporte sanitario (SAN025_2)

Achégase copia da orde de convocatoria.

Documentación relacionada


© 2009 Concello de Santiago - Concellería de Políticas sociais, diversidades e saúde.
Rúa Isaac Díaz Pardo, nº4 - 15705 (Tlfno. 981 542 465)