20/11/14
TALLER DE FOTOGRAFÍA
No grupo de 3º de ESO D do IES Antonio Fraguas, estáse levando a cabo un taller de fotografía social co obxectivo de espertar outra forma de ollar as imaxes e mesmo de facer fotografías.
Ademais de información técnica básica, trñatase de abordar contidos relacionados coa interculturalidade. (Este taller intégrase nas actividades do PLAN de Accióo Titorial e do Plan de Convivencia) Dentro do programa de Escolas sen racismo, os encargados de desenvolver o taller son Emerson e Lorena de AGARESO. Participan a titora do grupo e a orientadora.
O pasado martes saímos á rúa para facer prácticas.