Novas

IES Antonio Fraguas Fraguas
04/11/14

ESTRENO DA REPORTAXE FRAGUANDO A DIVERSIDADE II

Esta tarde ás 17:55 presentarase no IES Antonio Fraguas o documental FRAGUANDO A DIVERSIDADE II.
Este documento audiovisual foi elaborado polo alumnado do taller de TV do IES. Trátase dun proxecto froito da colaboración do centro (a través do Departamento de Orientación) con AGARESO (Asociación Galega de Reporteiros Solidarios) dentro do programa Escolas sen Racismo que desenvolve ACCP (Asemblea de Cooperación pola Paz)

Esta reportaxe foi galardoada coa mención especila do Xurado nos premios do MEC do Instituto das Artes Cinematográficas.
É ademais finalista dos premios OUFF (Ourense Film Festival)

Proximamente será presentado á comunidade do barrio e da cidade, xunto co documental de Barrios Abertos no CSC das Fontiñas.

© 2009 Concello de Santiago - Concellería de Políticas sociais, diversidades e saúde.
Rúa Isaac Díaz Pardo, nº4 - 15705 (Tlfno. 981 542 465)