Novas

FADEMGA FEAPS GALICIA. Federación de Asociacións en Favor das Persoas con Discapacidade Intelectual de Galicia
03/11/14

VIII Seminario sobre Discapacidade Intelectual e Saúde Mental

FADEMGA FEAPS GALICIA continua traballando para garantir que ás persoas con discapacidade intelectual e do desenvolvemento se lles procure unha atención integral que teña en conta as diferentes necesidades de cada persoa e da súa familia, por elo organiza unha nova edición do Seminario sobre Discapacidade Intelectual e Saúde Mental.

A cita terá lugar o venres 21 de novembro do 2014, no Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia (Miguel Ferro Caaveiro s/n – San Lázaro.15707 Santiago de Compostela). O Seminario conta un ano máis coa Declaración de Interese Sanitario por parte da Consellería de Sanidade.

Esta oitava edición consistirá, como é habitual, en diferentes relatorios e obradoiros (Ver programa) e está dirixido a profesionais da Administración e Servizos Públicos do ámbito social, educativo e sanitario, así como a profesionais do sector da discapacidade intelectual e movemento asociativo FEAPS e doutras organizacións que traballen nestes ámbitos.


:: Obxectivos do Seminario

- Continuar dando a coñecer a realidade das persoas con discapacidade intelectual e trastornos mentais e/ou alteracións de conduta asociados.

- Reflexionar sobre a educación afectivo-sexual para as persoas con discapacidade intelectual, como unha parte primordial para a saúde e calidade de vida.

- Coñecer a vulnerabilidade das persoas con discapacidade intelectual fronte ó abuso e como estes factores inciden na súa saúde mental.


:: Inscrición

O prazo para formalizar a inscrición remata o 14 de novembro. Aforo limitado. (Ver boletín de inscrición )

Deberá enviar o boletín de inscrición debidamente cuberto e asinado xunto co xustificante de pago (por correo ordinario ou escaneado por e-mail) a areasocial@fademga.org

Aquelas persoas que pertenzan a algunha entidade deberán facelo a través da mesma, remitindo todos os boletíns de inscrición e un único xustificante de pago polo importe total (nº de conta ABANCA: ES87 2080 0300 89 3040126857.

Deberase indicar no concepto: “VIII Seminario-Nome da entidade-Nº asistentes". Posteriormente confirmaráselle a praza dende FADEMGA vía e-mail.

No caso de cubrir aforo, notificáraselle da mesma maneira a aquelas que non sexan admitidas e reembolsaráselle o importe inicialmente abonado.

Para máis información contacten a través do teléfono 981.519.650, ou correo electrónico areasocial@fademga.org. (Persoa de contacto: Pilar Villaverde)

Documentación relacionada


© 2009 Concello de Santiago - Concellería de Políticas sociais, diversidades e saúde.
Rúa Isaac Díaz Pardo, nº4 - 15705 (Tlfno. 981 542 465)