Novas

Asamblea de Cooperación pola paz
23/10/14

Barrios Abertos: Todas as culturas sábenche algo de Fútbol!

O pasado 30 de setembro reunímonos nas instalacións do Centro Sociocultural Don Bosco en Santiago de Compostela nunha xornada deportiva, que tiña como obxectivo principal promover a participación de rapaces e rapazas inmigrantes nas iniciativas lúdico-deportivas do barrio de San Pedro.

E que mellor forma de que compartan un bo rato, que a través do fútbol! O programa +QFútbol foi a excusa perfecta para facilitar o intercambio entre os e as adolescentes, que non adoitan compartir os mesmos espazos lúdicos.

Pero, quen sabe máis de fútbol? Un latinoamericano, un africano, un galego? Pois parece ser que tódalas culturas téñenche cousas que aportar a este xogo mundial. A competición deportiva rematou cun equilibrado reparto de trofeos para os máis hábiles e cunha comida intercultural, na que destacaron os postres árabes elaborados polo alumnado do proxecto.

A actividade forma parte do proxecto de integración de inmigrantes Barrios Abertos, de Asemblea de Cooperación pola Paz, e contou co apoio do Concello de Santiago de Compostela.

Documentación relacionada


© 2009 Concello de Santiago - Concellería de Políticas sociais, diversidades e saúde.
Rúa Isaac Díaz Pardo, nº4 - 15705 (Tlfno. 981 542 465)