Novas

22/10/14

SANTIAGO STREET BATTLES + XUVENTUDE CREA 2014

A Concellaría de Benestar Social do Concello de Santiago, promove actividades de prevención de drogodependencias, enmarcadas dentro dos “hábitos de vida saudables”, dirixidos á mocidade nos seus espazos de ocio e lecer. Dentro desta liña de traballo, buscáronse actividades que cumpriran un fin artístico e creativo, que non tivesen apoio institucional pero si un amplo número de seguidores novos e que a súa práctica transportara á mocidade a asumir “hábitos de vida saudable”.

A actividade elixida que cumpría eses principios foi a de “cultura urbana”, que conta con unha gran aceptación na mocidade e que precisaba dun maior impulso para mostrar o seu potencial. Este ano volvemos a organizar este campionato:

Presentamos: “SANTIAGO STREET BATTLES” é o nome que recibe o Campionato de Breakdance na modalidade 1VS 1, que terá lugar o próximo sábado 1 de novembro en Santiago de Compostela, en Área Central, en horario de 16 a 21 horas. A actividade está organizada e financiada en parte polos propios mozos, a través da Asociación Cultural Vella Escola, asociación que aglutina, potencia e dirixe aos propios mozos que practican estas actividades.

Nesta edición e en colaboración coa Dirección Xeral de Xuventude, presentase tamén a final do concurso de grafitti “Xuventude Crea 2014” na que participarán artistas de prestixio da nosa cidade, capaces de transformar calquera espazo, susceptible de ser pintado, nunha obra de arte urbana. Nesta ocasión colocaranse 9 paneis (un total de 30 metros) polo recinto de Área Central e, cunha pouca pintura, técnica e entusiasmo, nos farán gozar da súa gran capacidade e valía artística.

Documentación relacionada


© 2009 Concello de Santiago - Concellería de Políticas sociais, diversidades e saúde.
Rúa Isaac Díaz Pardo, nº4 - 15705 (Tlfno. 981 542 465)