16/10/14
XUNTOS POLO NADAL 2014
Incorpórase á web Compostela Integra información sobre a apertura de plazo de solicitude para o programa XUNTOS POLO NADAL 2014 (Xunta de Galicia), organizado pola Consellería de Traballo e Benestar, e destinado ás persoas maiores que se atopan soas nas datas navideñas, xa sexa pola carencia de familiares ou amigos, a perda do seu cónxuxe ou por outras circunstancias.
Datas e servizos
Este programa vaise desenvolver entre o 23 de decembro de 2014 e o 2 de xaneiro de 2015, e comprende os seguintes servizos:
* Estancia na residencia durante 11 días (10 noites).
* Aloxamento, en habitacións compartidas, e manutención en réxime de pensión completa.
* Desprazamento en autobús desde os lugares que se establezan nas localidades de Santiago, A Coruña, Ferrol, Pontevedra, Vigo, Lugo e Ourense ata as residencias de tempo libre e viceversa.
* Actividades de animación sociocultural.
A recollida das persoas participantes efectuarase o dia 23 de decembro pola mañá e o regreso o dia 2 de xaneiro despois do xantar.
Persoas beneficiarias: Para beneficiarse deste programa haberá que reunir os seguintes requisitos:
a. Ser maior de 60 anos (telos cumpridos no momento en que remate o prazo de presentación de solicitudes).
b. Estar empadroado nalgún dos concellos galegos.
c. Ter que pasar só/a as datas do Nadal.
d. Valerse por si mesmo enon padecer enfermidade infecto - contaxiosa activa nin trastornos mentais ou condutuais non compensados que poidan alterar a convivencia
e. Non estar acollido/a en ningún centro residencial.
Prazo e lugar de presentación: Poderanse presentar ata o 15 de novembro, nos servizos sociais comunitarios dos concellos, nos departamentos de traballo social dos centros de saúde ou hospitais, nas xefaturas territoriais ou centros sociocomunitarios de benestar, dependentes da Consellería de Traballo e Benestar.
Custo da praza: As persoas participantes que teñan uns ingresos inferiores ao IPREM (532,51 euros/mes), asistirán de forma gratuíta ao programa, mentres que aquelas cuns ingresos superiores a dito importe contribuirán ao pagamento da estadía coa achega de 50 €.
Os gastos de desprazamento desde o domicilio dos seleccionados ata o lugar que se sinale de saída nas localidades de Ferrol, A Coruña, Santiago, Lugo, Ourense, Pontevedra ou Vigo e viceversa serán por conta da persoa participante.
Para mais información:
• Teléfono social (gratuito): 900 333 666.
• Servizo de Primeira Atención (Servizos Sociais Comunitarios), sito na rúa Isaac Díaz Pardo, nº 2-4 (Galeras). Teléfono 981-54.24.65.
• Páxina web da Consellería de Traballo e Benestar: http://benestar.xunta.es
• UTS de referencia, segundo o domicilio da persoa interesada. Para acudir a estes dispositivos deben solicitar cita previa (Teléfono 981-54.24.65.).
• Departamentos de traballo social dos centros de saúde ou hospitais.
• As xefaturas territoriais ou centros sociocomunitarios de benestar, dependentes da Consellería de Traballo e Benestar.
Fonte: Manual de traballo, información e asesoramento en Servizos Sociais (MATIASS); Consellería de Traballo e Benestar – Xunta de Galicia. 2014.
Documentación relacionada