Novas

Proxecto de apoio ao sector asociativo
05/08/14

Axudas económicas para o pagamento de parte da factura eléctrica

Publícase no DOG nº 146, do luns 4 de agosto de 2014, a convocatoria de axudas económicas para o pagamento de parte da factura eléctrica. O obxecto desta resolución é regular a convocatoria de axudas para a concesión do tícket eléctrico social para o primeiro semestre de 2014 familias en que convivan fillos menores de 18 anos e nas cales a suma dos ingresos totais da unidade de convivencia non superen o indicador público de renda de efectos múltiples (IPREM).

A axuda consiste nunha cantidade fixa semestral que ten por obxecto contribuír ao pagamento da factura eléctrica daquelas familias con fillos menores a cargo, cuxos ingresos totais durante o ano 2013 non superen o IPREM. A contía da axuda non poderá superar o importe da factura eléctrica pagada durante o semestre.
Establécese unha cantidade de 45 € ao semestre para as unidades de convivencia que cumpran os requisitos, incrementándose esta cantidade ata 60 € para as que acrediten ser familia numerosa.

Poderán solicitar esta axuda as persoas residentes na Comunidade Autónoma de Galicia que teñan ao seu cargo fillos menores de 18 anos e un gasto derivado subministración de enerxía eléctrica na súa vivenda habitual. Os requisitos que deben cumprir os beneficiarios da axuda son:
1. Ser residentes na Comunidade Autónoma de Galicia.
2. Ter fillos menores a cargo.
3. Estar aboando a correspondente factura de enerxía eléctrica a unha comercializadora.
4. Non superar os límites de renda establecidos no artigo anterior.
5. Non estar incurso nas prohibicións para obter a condición de beneficiario, recollidas no artigo 10 da Lei 9/2007, de 13 do xuño, de subvencións.
6. Só poderá presentarse unha única solicitude por unidade de convivencia.

Prazo: tres meses a partir do día seguinte ao da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

Para máis información, ver o documento que se achega.

Documentación relacionada


© 2009 Concello de Santiago - Concellería de Políticas sociais, diversidades e saúde.
Rúa Isaac Díaz Pardo, nº4 - 15705 (Tlfno. 981 542 465)