22/07/14
EXENCION PAGO DAS ESCOLAS INFANTIS PUBLICAS A PARTIR DO SEGUNDO FILLO
Incorpórase á web Compostela Integra información sobre a exención no pago nas escolas infantís públicas a partir do segundo fillo.
As familias cunha renda pér cápita igual ou inferior a 7.500 euros anuais terán unha exención total de cota a partir do segundo fillo que acuda á mesma escola infantil da Rede Galiña Azul da Xunta a partir deste mes de setembro.
O Consello da Xunta de Galicia vén de aprobar a modificación do Decreto 49/2012, do 19 de xaneiro, polo que se aproba o réxime de prezos das escolas infantís 0-3 dependentes da mencionada Administración. Así mesmo, os menores con medidas administrativas de tutela ou garda en situación de acollemento familiar poderán beneficiarse tamén desta actuación na exención do pagamento.
Fonte: Manual de traballo, información e asesoramento en Servizos Sociais (MATIASS); Consellería de Traballo e Benestar – Xunta de Galicia. 2014. // Fonte: Consello da Xunta 17/07/2014