Novas

Servizos Sociais: UTS Fontiñas
10/07/14

AXUDAS A ENTIDADES PARA PROXECTOS SOCIAIS

Incorpórase á web Compostela Integra información sobre a convocatoria de AXUDAS A ENTIDADES SEN ANIMO DE LUCRO PARA PROXECTOS SOCIAIS (F. Mutua Madrileña).

Tipoloxía de proxectos:
Discapacidade: Proxectos que teñan como principal fin mellorar as capacidades e habilidades, sobre todo as que persigan a empleabilidad, das persoas con discapacidade física, psíquica ou sensorial.
Violencia de xénero: Proxectos cuxo obxectivo sexa a mellora da situación das mulleres vítimas de malos tratos, en calquera ámbito (prevención, concienciación, asistencia, formación e empleabilidad).
Axuda á infancia: Proxectos que teñan como principal fin a mellora das condicións de vida de nenos con problemas de saúde e cuxas familias se atopen en dificultades por razóns económicas ou sociais.
Colectivos en risco de exclusión social: Proxectos cuxo fin sexa favorecer o acceso ao emprego de mozos en risco de exclusión.
Cooperación ao desenvolvemento: Proxectos que dean cobertura a necesidades básicas da poboación infantil en países en vías de desenvolvemento e contribúan a reducir os índices de mortalidade deste colectivo.

Contía da axuda
Os proxectos seleccionados en cada unha das cinco categorías terán un financiamento máximo de 35.000 €.

Prazo de presentación:
Ata o 2 de outubro de 2014.

Lugar de presentación
As solicitudes deberán realizarse exclusivamente a través da web da Fundación Mutua Madrileña (http://www.fundacionmutua.es/Ayudas-a-Proyectos-Sociales.html) en formato on-line onde atoparán as instrucións pormenorizadas para levala a cabo e os modelos de solicitude que obrigatoriamente deben de utilizar.

Fonte: Manual de traballo, información e asesoramento en Servizos Sociais (MATIASS); Consellería de Traballo e Benestar – Xunta de Galicia. 2014.

Documentación relacionada


© 2009 Concello de Santiago - Concellería de Políticas sociais, diversidades e saúde.
Rúa Isaac Díaz Pardo, nº4 - 15705 (Tlfno. 981 542 465)