Novas

FADEMGA FEAPS GALICIA. Federación de Asociacións en Favor das Persoas con Discapacidade Intelectual de Galicia
06/05/10

Con un pequeño xesto as cousas cambian... ¿queres velo?

Con un pequeño xesto as cousas cambian... ¿queres velo?

A X Solidaria axuda ás persoas con discapacidade intelectual a levar unha vida máis independente
Fademga Feaps Galicia, Cogami, Fundación Secretariado Xitano, Coceder e Coordinadora Galega de ONG son as entidades que colaboran este ano na “Campaña pola X Solidaria” que anima aos contribuíntes a marcar a casilla de fines sociais na súa declaración da renda.
A campaña pretende dar a coñecer aos contribuíntes a posibilidade de elexir o destino de parte dos seus impostos mediante a casilla de fines sociais.
Marcando esta casilla, os declarantes destinan, sen coste algún para ees, o 0’7 % para proxectos sociais xestionados polas ONG. A X Solidaria axuda a salir da exclusión social a centos de miles de persoas tódolos anos.
En 2008, a recaudación obtida mediante a casilla de Fines Sociais foi de 244 millóns de euros dos que 190 destináronse a poñer en marcha 1.013 proxectos sociais levados a cabo por 378 ONG de Acción Social. Máis de 800 proxectos quedaronse sen cubrir por falta de diñeiro.
Non te esquezas: Marca a X Solidaria. Con un pequeno xesto, as cousas cambian.
Podes ver os distintos proxectos sociais en www.marcafinessociales.org

© 2009 Concello de Santiago - Concellería de Políticas sociais, diversidades e saúde.
Rúa Isaac Díaz Pardo, nº4 - 15705 (Tlfno. 981 542 465)