12/06/14
ACTIVIDADES DA CONCELLERÍA DE XUVENTUDE
A Concellería de Xuventude do Concello de Santiago de Compostela organiza unha serie de actividades para o tempo libre e o lecer, no periodo das vacacións de verán, que contén varias opcións coas que se pretenden dar desposta aos intereses da mocidade do municipio.
O programa proposto consiste nunha serie de actividades de turismo activo, deporte de aventura e talleres, especialmente pensados para a xuventude:
1.- ENGLISH ADVENTURE CAMP
* Programa de actividades: deportivas (kaiak, Paddelboard, BTT, Xeocaching, Rápel, Sendeirismo), de tempo libre (catamarán, aqua jump, piscina, praia fluvial, excursión Ribeira Sacra, Museo Xeolóxico e Museo Etnográfico) e de inglés (Lip-Dub, Playing, Speaking, Daily).
* Data de realización: do 13 ao 20 de xullo de 2014.
* Lugar: Quiroga (Ribeira Sacra).
* Destinatarios: rapazas e rapaces, de 14 a 18 anos.
* Prezo: 120 €.
2.- ACTIVIDADE DE INICIACIÓN Á VELA: 3 DÍAS A BORDO.
* Programa de actividades: Día da Ría (navegación polo golfo Ártabro, recorrido en Kaiak polas Fragas do Eume, desembarco na praia para observación astronómica), Día do Océano (navegación pola ría de Ferrol con atraque no porto pesquero de Mugardos, ruta de paseo en bicicleta eléctrica, festa nocturna) e Día de regata entre veleiros (regata, fondeo e barbacoa, Snorkel).
* Data de realización: 21, 22 e 23 de xullo de 2014.
* Lugar: Rías da Coruña, Ferrol, Ares e Betanzos.
* Destinatarios: rapazas e rapaces, de 16 a 25 anos.
* Prezo: 89 €.
3.- Taller de cócteles sen alcohol.
* Obxecto: aprender a facer bebidas orixinais e refrescantes de cara o verán, sen alcohol.
* Data de realización: 17 de xullo de 2014.
* Destinatarios: rapazas e rapaces, a partir de 16 anos.
* Prezo: 10 €.
4.- Taller de realización de álbums fotográficos coa técnica do Scrapbooking.
* Obxecto: O taller consistirá na confección dun álbum fotográfico no que plasmar os teus recordos de forma original e creativa, utilizando a técnica do scrapbooking e utilizando diversos materiais, como selos, papeis, telas, pegatinas, troqueis, etc.
* Data de realización: 22 e 23 de xullo de 2014.
* Destinatarios: rapazas e rapaces, a partir de 14 anos.
* Prezo: De balde.
Achégase tríptico informativo e folleto de inscrición.
Mais información en: Departamento de Xuventude – Centro Sociocultural e Xuvenil Municipal O Ensanche. Rúa Frei Rosendo Salvado, nº 14-16, Baixo. Tfno.: 981543001
Documentación relacionada