Novas

IES Antonio Fraguas Fraguas
09/06/14

MEDIACIÓN ESCOLAR E CONVIVENCIA POSITIVA

A orientadora do IES Antonio Fraguas, Lola Sanz, participou na formación do equipo de profesorado do Colexio Sagrado Corazón de Pontevedra o pasado día 3 de xuño.
Este centro, a través do CFR (Centro de Formación e Recursos) de Pontevedra, está iniciando a posta en marcha do Servizo de Mediación Escolar dentro das propostas do Plan de Convivencia.

Os obxectivos fundamentais eran, por unha banda transmitir e compartir a experiencia do traballo desenvolvido no IES Antonio Fraguas sobre estes aspectos, no marco comunitario do barrio de Fontiñas, e por outra, dar pulo e animar a outros centros a iniciarse na mediación escolar, contribuíndo asi a formar unha rede de centros galegos que traballan na mediación.
A continuación ofrécese unha síntese da ponencia impartida.

Documentación relacionada


© 2009 Concello de Santiago - Concellería de Políticas sociais, diversidades e saúde.
Rúa Isaac Díaz Pardo, nº4 - 15705 (Tlfno. 981 542 465)