05/06/14
+QFUTBOL
Dentro das actividades de hábitos de vida saudábel, programa de ocio alternativo da Concellería de Benestar Social, retomas ea actividade +qfútbol dirixidas ao eixo de menores e xuventude.
Estas accións son financiadas cunha subvención do Ministerio de Sanidade, procedentes dos bens decomisados por tráfico de drogas e outro delitos relacionados a cal optou o Concello de Santiago polo que o 70% do custe das actividades está subvencionado.
Unha das actividades deste programa é a denominada + que fútbol. Sobre o fútbol está todo inventado, pero a esencia deste proxecto reside en potenciar o carácter socializador que ten este deporte, xa que se move nunha linguaxe comprensiva para todos e todas, e a partires desta linguaxe universal. é onde se desenvolven diferentes actividades cun enfoque claramente preventivo e integrador. O seu obxectivo é que aqueles mozos que, sen desexar unha actividade regrada, desexan xogar ao fútbol, poidan facelo. Formaranse equipos informais, estableceranse uns calendarios de liga e realizarase unha merenda ao rematar. Ademais, faranse entrevistas e editarase un boletín de liga, un vídeo E UN RAP do “+ Q Fútbol”. O éxito de está actividade foi tal que na edición do ano pasado en actividades puntuais chegáronse a xuntar ata 70 persoas para compartir o fútbol. Esta actividade realizarase o venres de 18:30 a 20 horas no pavillón deportivo de Quiroga Palacios e a única condición e ir a pasalo ben.
Documentación relacionada