Novas

05/06/14

CURSO DE DIRECTORES DE ACTIVIDADES DE TEMPO LIBRE

Dentro do programa de prevención de drogas “ocio saudable ” para os participantes dos programas formativos (aqueles mozos que empregan o seu tempo de lecer en formarse en actividades con saída profesional) se organiza o curso de director de tempo libre que ten como finalidade capacitar a responsables de actividades grupais, infantís e xuvenís en técnicas básicas de organización, deseño, xestión e execución de actividades do tempo libre.

O curso está dirixido a todas aquelas persoas que queren dedicar a súa actividade profesional á educación e animación de grupos (infancia, maiores,…) dende a perspectiva de educación en valores.

Os requisitos para acceder á formación, e establecidos pola Xunta de Galicia no Decreto 50/2000:
 ser maior de 18 anos
 estar en posesión do graduado escolar (ESO) ou ser técnico/a auxiliar en FP, e acreditar 30 días en campamentos ou 250 horas traballadas (con contratos) no tempo libre.

O número de participantes está concertado en 20.
O curso consta de dúas fases, unha teórico-práctica cunha duración de 150 horas
lectivas, e outra práctica de 150 horas. A titulación e de carácter oficial e expedida pola Xunta de Galicia
AMPLIACIÓN PRAZO INSCRICIÓN. ATA 11 DE XUÑO

Documentación relacionada


© 2009 Concello de Santiago - Concellería de Políticas sociais, diversidades e saúde.
Rúa Isaac Díaz Pardo, nº4 - 15705 (Tlfno. 981 542 465)