13/04/10
XORNADA DE FAMILIAS
FADEMGA FEAPS GALICIA celebrará o día 8 de maio no Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia (Santiago de Compostela), a 16ª Xornada de Familias de persoas con discapacidade intelectual. Este ano adicarase á calidade de vida. Por primeira vez en Galicia, as familias terán a oportunidade de coñecer o que significa este concepto que forma parte da misión do noso movemento asociativo: "mellorar a calidade de vida das persoas con discapacidade intelectual e das súas familias" É dicir: qué é iso da calidade de vida e que compoñentes forman parte dela.
Principalmente a xornada vai dirixida ás familias de persoas con discapacidade intelectual pertencentes ó movemento asociativo FEAPS, así como aqueles/as profesionais que teñan algún vínculo con elas. Non obstante, está aberta a calqueira outra persoa interesada no tema, sempre e cando queden prazas disponibles (as prazas son limitadas a un máximo de 300 persoas) e cumpran os correspondentes prazos de inscrición, pago de cuotas, etc.
Dispoñen de toda a información (programa, boletín de inscrición, e outra información importante) na nosa páxina web www.fademga.org. Tamén poden consultar calqueira dúbida no teléfono 981 51 96 50.