Novas

21/05/14

Skate e Breakdance de Balde. Ocio alternativo

Dentro do programa de prevención de drogas/hábitos de vida saúdable preséntase o programa de cultura urbana dirixidas a menores e xuventude, enmarcadas no ámbito de ocio e tempo libre.

A idea de estas actividades e: “facilitar a práctica e difusión” porque actualmente non encontran lugar adecuado dentro das múltiples actividades, deportivas, culturais ou de ocio e tempo libre que se ofertan no Concello, polo que débese de facilitar calquer manifestación de ocupación de ocio e tempo libre de xeito saudable, coa finalidade de contribuír a seu funcionamento, posta en marcha, difusión e consolidación como unha alternativas de ocio e máis adiante que xa se executen de forma totalmente autónoma como outra actividade máis. As actividades son:

Escola de Breakdance:
O Breakdance é unha actividade moi atractiva, aditiva e motivadora posto que permite un elevado grao de liberdade nas regras ("non normas, non límites") xa que non existe unha federación que a regule e impoña normas de competición estándares, adquirindo a práctica desta actividade unha orientación lúdica e emocional que facilita e favorece a súa utilización como fonte de desfrute e enriquecemento persoal, permitindo que todos e cada un dos practicantes sexan capaces de encontrar a forma e a situación de experimentación á súa medida. Mediante o Breakdance desenvólvense capacidades físicas e mentais, novas formas de relación cos demais, adquírese unha disciplina baseada en normas e valores e finalmente ocúpase o tempo.
Coa escola de Breakdance buscamos ofertar unha actividade que teña continuidade no tempo e que permita a creación dun novo grupo entre os seus participantes propiciando a integración desta actividade nos/as adolescentes como práctica cotiá.
A escola de breakdance está no centro socio cultural de Fontiñas os venres de 18 a 19:30 horas a participación e gratuita e a día de hoxe conta con máis de 20 participantes, podéndose incorporar novas persoas de forma inmediata.

Escola de Skateboard:
O skateboard é a disciplina de Cultura Urbana máis practicada pola xuventude galega, con máis de 150 aficionados no Concello de Santiago donde a día de hoxe residen varias promesas que destacan a nivel autonómico e nacional. A escola de skateboard ten como obxectivo principal facilitar un espazo de ocio saudable á xuventude, no que poidan disfrutar dunha actividade lúdica, participando activamente e colaborando cos compañeiros/as nas tarefas marcadas polo profesor durante as clases. Por outra banda, pretendemos potenciar o uso dos espazos públicos dispoñibles en Santiago adecuados para a práctica desta disciplina, como é o caso da pista de skate (skatepark) situada na praza da Constitución (Parlamento), promovendo desta forma un uso responsable dos espazos públicos, en concreto das prazas, para contribuír a unha mellor conservación dos mesmos.
A escola de skateboard que realizarase no skate park que está detrás do parlamento os venres pola tarde de 18 a 19:30 horas. Si chove a actividade de skate trasladase ao día seguinte os sábados pola maña de 11:30 a 13 horas. Conta con 12 participantes de forma continua e podense incorporar novas persoas de forma inmediata.

© 2009 Concello de Santiago - Concellería de Políticas sociais, diversidades e saúde.
Rúa Isaac Díaz Pardo, nº4 - 15705 (Tlfno. 981 542 465)