Novas

Equipo de Inclusión Sociolaboral. Concellería de Familia, Benestar Social, Muller e Emprego
20/05/14

Subvencións. Contratación de axentes de emprego e unidades de apoio. Entidades sen ánimo de lucro.

Publícanse no DOG nº 95, de 20 de maio de 2014, as bases reguladoras e as condicións polas que se rexerá a convocatoria pública das axudas e subvencións que destinadas ao financiamento de accións de fomento de emprego en colaboración con entidades sen ánimo de lucro prestadoras de servizos sociais sinaladas, a través da concesión de axudas e subvencións para a contratación ou prórroga da contratación concedida na convocatoria do ano 2013 de axentes de emprego e unidades de apoio, que colaborarán na implantación das políticas activas de emprego e na realización de funcións relacionadas coa dinamización e coa creación de emprego no ámbito das persoas con discapacidade e/ou en risco de exclusión social.


Prazo de presentación de solicitudes: 20 de xuño de 2014

Para máis información, consultar o documento que se achega.

Documentación relacionada


© 2009 Concello de Santiago - Concellería de Políticas sociais, diversidades e saúde.
Rúa Isaac Díaz Pardo, nº4 - 15705 (Tlfno. 981 542 465)