Novas

19/05/14

PROGRAMA II MERCADINO SOLIDARIO TROCAME ROQUE

Lembrar que o vindeiro 23 de maio de 2014, de 16.30 a 19.30 horas, nas instalacións de Area Central, celebrarase o II Mercadiño solidario “Trócame-Roque”.

Ao redor do mercado están previstas outras actividades de animación, para fomentar a participación e reforzar os espazos de convivencia, transmitindo os valores de solidariedade e de igualdade. “Dende o ocio, compártese o tempo, favorécese a convivencia”. As actividades programadas para ese día son as seguintes:

* Actividade inaugural, ás 16:30 horas: actuación musical do coro de alumnas e alumnos do IES Antonio Fraguas, dirixido polo profesor D. Carlos Encisa.

* Diversos obradoiros, en simultáneo con desenvolvemento do propio mercadiño; horario: 17 a 19 horas. Os obradoiros previstos son:

a).- Cruz Vermella:
* Xogos de grupo dinamizados por voluntariado.
* Obradoiros de manualidades, realizados cun enfoque interxeneracional.
* Obradoiro de maquillaxe.

b).- Actividades de fomento da igualdade implementadas dende o Centro de Información á Muller do Concello de Santiago de Compostela:
* Elaboración de móbiles e variñas máxicas, cun enfoque intercultural.

c).- Asemblea de Cooperación pola Paz:
* Photocall para que os mozos e as mozas se fotografíen xunto a mensaxes que promovan a integración.
* Estudio ficticio de televisión no que alumnas e alumnos do obradoiro audio visual do proxecto "Barrios Abertos" farán as prácticas de gravación sobre a vida asociativa do barrio.

d).- Dentro do Programa de Prevención da UMAD:
* Exhibición de Breakdance, ás 17,30 horas.
* Obradoiro de Breakdance; preténdese poñer a disposición da xuventude un espazo no que poidan manifestar as súas habilidades e contribuír ao fomento destas actividades; horario: de 18 a 19 horas.

* Acto de clausura, ás 19,30 horas, con actuación de flamenco (baile, cante e guitarra) a cargo de Isaías Salazar, Miguel Flores e Iria Peña.

© 2009 Concello de Santiago - Concellería de Políticas sociais, diversidades e saúde.
Rúa Isaac Díaz Pardo, nº4 - 15705 (Tlfno. 981 542 465)