10/05/14
MESA REDONDA EN PEDAGOXÍA
O martes 6 de maio, a orientadora do IES Antonio Fraguas participou nunha mesa redonda na Facultade de Ciencias da Educación, na que interviron diferentes relatores para falar dos posibles ámbitos de traballo da titulación de Pedagoxía.
Na intervención, a orientadora abordou o traballo do pedagogo-orientador baseado na estreita relación entre a escola e a comunidade, neste caso o IES Antonio Fraguas e o Barrio de Fontiñas co traballo comunitario en rede.
Xúntase unha síntese da presentación.