Novas

Servizos Sociais: UTS Fontiñas
07/05/14

PROGRAMA DE TURISMO SOCIAL PARA MAIORES 2014/2015

Incorpórase á web Compostela Integra información sobre a apertura de plazo de solicitude para o PROGRAMA DE TURISMO SOCIAL PARA MAIORES 2014/2015 (IMSERSO).

Solicitantes: Persoas residentes en España que reúnan calquera dos seguintes requisitos:
• Ter como mínimo 65 anos cumpridos.
• Ser pensionista de xubilación do Sistema Público de Pensións.
• Ser pensionista de viuvez do Sistema Público de Pensións, con 55 anos cumpridos.
• Outros pensionistas do Sistema Público de Pensións e prexubilados con 60 anos cumpridos.
• Valerse por sí mesmos e non padecer alteracións de comportamento que impidan a normal convivencia nos hoteis.

Se a/o solicitante viaxa co cónxuxe, non é preciso que éste reúna os requisitos de idade e pensión.

Admitirase como acompañante a un fillo ou filla con discapacidade, que teña un grao de minusvalía igual ou superior ó 45%, sempre que a viaxe a realice cos seus pais e ocupe cama supletoria na mesma habitación do hotel. Deberá cumprimentarse o apartado correspondente da solicitude cos datos do fillo/a e achegar fotocopia do certificado de discapacidade.

Modalidades: Ofértanse distintas modalidades para que os maiores poidan gozar dunhas vacacións no período comprendido entre os meses de outubro de 2014 e xuño de 2015, segundo a modalidade:
• Estadías en zonas costeiras.
• Viaxes culturais para coñecer a historia e arte de España.
• Turismo de natureza con rutas por paraxes pintorescos.

Solicitude de praza:

Se a pasada tempada persoa solicitante estaba acreditada para viaxar, non é necesario que cumprimente nova solicitude, xa que o Imserso dispón de todos os seus datos.

Se accede por primeira vez ao Programa de Vacacións ou renova a súa participación tras un período inactivo, deberá formalizar a solicitude.

Recoméndase realizar a solicitude "en liña" xa que o proceso é moito máis rápido E permite estar acreditado case de maneira inmediata.

A solicitude servirá para obter a sua acreditación que lle permitirá acceder ás prazas do Programa e incluílo na Base de Datos de Acreditados onde permanecerá de maneira permanente ata que comunique o contrario ao IMSERSO

Unha vez procesadas todas as solicitudes recibidas no prazo sinalado, o Imserso acreditará a tantos usuarios como prazas dispoñibles existan, e procederase, en caso necesario, a aplicar a baremación correspondente, relativa a idade, ingresos e viaxes realizadas con anterioridade.

No mes de setembro de 2014 todos os solicitantes recibirán unha notificación na que se lles indicará:

a. Data na que poden obter os billetes, con garantía de praza, debendo elixir a súa viaxe dentro das dispoñibilidades existentes.
b. Para aqueles que unha vez baremados non teñan garantía de praza, notificaráselles a data a partir da cal poderán dirixirse á Axencia de Viaxes por se houbese vacantes para calquera dos destinos ou datas.

Lugar de presentación:
• Servizos Sociais Comunitarios.
• Servizos Centrais do IMSERSO (Avda. de la Ilustración, s/n c/v c/ Ginzo de Limia, 58. 28029 Madrid)
• No Apartado de Correos 10.140, 28080 MADRID.
• En calquera das formas previstas no artigo 38.4 da Lei 30/92, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas.

Máis información no teléfono 901 109 899 IMSERSO. De luns a ventes de 9 a 18 horas, ou a través do correo electrónico: vacaciones@imserso.es.

Prazo de presentación: Ata o 5 de xuño de 2014. Non obstante, o prazo de presentación manterase aberto con posterioridade a esta data e até o día 1 de decembro de 2014, para aquelas persoas que non formulasen no seu momento a solicitude, aínda que todas estas solicitudes serán só para cubrir as posibles vacantes que puidesen producirse dos usuarios acreditados dentro do prazo inicial.

Para mais información:

Teléfono social (gratuito): 900 333 666.
Servizo de Primeira Atención (Servizos Sociais Comunitarios), sito na rúa Isaac Díaz Pardo, nº 2-4 (Galeras). De luns a venres (agás os xoves), en horario de mañá, sen cita previa. Teléfono 981-54.24.65.
UTS de referencia, segundo o domicilio da persoa interesada. Para acudir a estes dipositivos debe solicitar cita previa (Teléfono 981-54.24.65.).

Fonte: Manual de traballo, información e asesoramento en Servizos Sociais (MATIASS); Consellería de Traballo e Benestar – Xunta de Galicia. 2014.

Documentación relacionada


© 2009 Concello de Santiago - Concellería de Políticas sociais, diversidades e saúde.
Rúa Isaac Díaz Pardo, nº4 - 15705 (Tlfno. 981 542 465)