02/05/14
Participación na Feira da Primavera
O proxecto Barrios Abertos estará mañá na Feira da Primavera de San Pedro
O proxecto Barrios Abertos de Galicia, de Asemblea de Cooperación pola Paz (ACPP), ten como principal obxectivo a integración social, cultural, educativa e sanitaria das persoas de orixe estranxeira que viven nos barrios de Fontiña e San Pedro en Santiago de Compostela.
Polo tanto queremos estar presentes nas actividades culturais e sociais dos barrios e difundir as nosas mensaxes de integración de forma activa e participativa.
Así que, que mellor que comezar por participar na Feira da Primavera do Barrio de San Pedro. Este sábado día 3, desde as 10h ata as 21h, estaremos nunha caseta a altura do número 1 de Concheiros, na que ofreceremos información do proxecto Barrios Abertos e onde poderedes atopar tamén datos útil sobre as diferentes organizacións que traballan no barrio.
Ademais teremos un photocall con mensaxes que promoven a integración e a convivencia no que os habitantes do barrio poderán fotografarse cos seus lemas favoritos. En este mesmo espazo o alumnado dos talleres audiovisuais fará as súas primeiras prácticas nun estudo de gravación ficticio e entrevistará os veciños e veciñas do barrio para saber cal é a súa visión sobre a integración.
Porque Xunt@s facemos barrio!!!
Documentación relacionada