02/05/14
SUBVENCIONS A ENTIDADES
Incorpórase á web Compostela Integra información sobre a apertura de plazo para a tramitación e presentación de SUBVENCIONS A ENTIDADES DE INICIATIVA SOCIAL PARA A PROMOCIÓN DE ACTIVIDADES DE SERVIZOS SOCIAIS COMUNITARIOS E INCLUSIÓN SOCIAL (Xunta de Galicia).
Normativa:
Orde do 25 de abril de 2014 pola que se establecen as bases que rexerán a concesión de subvencións a entidades de iniciativa social para a promoción de actividades de servizos sociais comunitarios e inclusión social e se procede á súa convocatoria para o ano 2014 (cofinanciada parcialmente polo Fondo Social Europeo) - (DOG nº 82 do 30/04/2014)
Obxecto:
Establecer subvencións dirixidas ás entidades de iniciativa social que levan a cabo programas e prestan servizos sociais na área de actuación dos servizos sociais comunitarios, inclusión social e, especificamente, en favor da inclusión social da poboación inmigrante.
Solicitantes e requisitos
Poderán ser solicitantes destas subvencións as entidades de iniciativa social a que se refire o artigo 30 da Lei 13/2008, do 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia, sempre e cando reúnan os seguintes requisitos:
Requisitos xerais:
a. Estar inscritas no Rexistro de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais.
b. Carecer de ánimo de lucro (poden percibir contraprestación das persoas usuarias, sempre e cando da análise das súas contas anuais se deduza a non obtención beneficio).
c. Ter o seu domicilio social en Galicia ou delegación na Comunidade Autónoma.
d. Non atoparse nalgunha das situacións establecidas nos números 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
e. No suposto de entidades que no exercicio anterior recibisen subvención para mantemento de centros ou promoción de actividades ou asinasen convenios de colaboración coa Xunta de Galicia que tivesen un obxecto semellante ao recollido nesta orde, será requisito previo para a concesión da subvención a presentación do balance de ingresos e gastos comprensivo de todo o ano natural, e, no caso das subvencións para promoción de actividades de servizos sociais comunitarios e de inclusión social, a correspondente memoria.
f. Dedicarse con carácter preferente, en concordancia cos seus estatutos, á atención ás persoas nos centros de inclusión e emerxencia social e o desenvolvemento de programas de servizos sociais comunitarios, de inclusión social e en favor da poboación inmigrante.
Requisitos específicos para solicitantes das axudas para atención de persoas en centros:
• Será requisito previo ao outorgamento das subvencións a entidades para o funcionamento dos centros en que se presten servizos sociais comunitarios a obtención da autorización para o inicio de actividades prevista no Decreto 254/2011, do 23 de decembro,. Para solicitar a subvención abondará coa presentación, antes do remate do prazo de presentación das instancias, da copia da solicitude do permiso de inicio de actividades en que conste o rexistro de entrada e coa que se acredite que se iniciou o procedemento.
Incompatibilidade para solicitantes das axudas para o funcionamento de centros e promoción de actividades:
As subvencións para o funcionamento de centros reguladas nesta orde non son compatibles coa reserva de prazas efectuada mediante calquera das modalidades de contratación administrativa entre a entidade solicitante e a Xunta de Galicia nin co mantemento de centros e subvención de actividades a través de convenios de colaboración especificamente asinados para tal efecto.
Lugar de presentación:
• Preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia,
https://sede.xunta.es
• Xefaturas Territoriais da Consellería de Traballo e Benestar
• Nos lugares dispostos no artigo 38.4 da Lei 30/92 de 26 e novembro.
Prazo de presentación:
Un mes contado a partir do día seguinte ao da publicación da Orde. Ata o día 30 de maio de 2014.
Para mais información: Consultar a orde que regula esta subvención.
Fonte: Manual de traballo, información e asesoramento en Servizos Sociais (MATIASS); Consellería de Traballo e Benestar – Xunta de Galicia. 2014.
Documentación relacionada