02/05/14
BENESTAR EN BALNEARIOS 2014
Incorpórase á web Compostela Integra información sobre a apertura de plazo de solicitude para o programa BENESTAR EN BALNEARIOS 2014 (Xunta de Galicia).
Obxecto:
Convócanse un total de 589 praza spara participar no Programa de benestar en balnearios. A totalidade das prazas que se ofertan este ano corresponden á modalidade de “Balnearios”, opción de “todo incluído”.
Beneficiarios: Para beneficiarse deste programa haberá que reunir os seguintes requisitos:
a. Ser maior de 65 anos, ou de 60 reunindo a condición de pensionista na data en que remata o prazo de presentación de solicitudes.
b. Residir na Comunidade Autónoma de Galicia.
c. Atoparse en condicións de participar no programa e valerse por si mesmo para as actividades da vida diaria.
d. Non padecer enfermidade infecto-contaxiosa, en fase activa, nin trastornos mentais ou condutuais, non compensados, que poidan alterar a normal convivencia durante o transcurso da quenda.
e. Precisar os tratamentos balneoterápicos solicitados e carecer de contraindicación médica para a recepción dos mesmos.
Así mesmo, poderán ser beneficiarios das prazas os cónxuxes ou as persoas que acrediten unha relación análoga á conxugal dos que cumpran os requisitos anteriores, sempre que reúnan as condicións dos apartados b), c), d) e e).
Servizos incluídos: Nos prezos inclúen os seguintes servizos:
• Aloxamento e manutención en réxime de pensión completa e en habitacións de uso compartido, durante de 10 días e 9 noites.
• Tratamentos termais básicos, que comprenderán: o recoñecemento médico ao ingresar no balneario; o tratamento termal que, en cada caso, prescriba o persoal médico do balneario co número de tratamentos establecido no compromiso escrito adquirido polo balneario; o seguimento médico do tratamento, con informe final a petición da persoa interesada.
En todo caso, as persoas beneficiarias das quendas realizarán os desprazamentos aos establecementos termais así coma o de regreso aos seus domicilios, polos seus propios medios.
Documentación:
As solicitudes formularanse nomodelo establecido ao efecto e cubriranse todos os datos requiridos, tanto do solicitante como do cónxuxe ou acompañante cando proceda.
Cada solicitude estará acompañada de:
• Fotocopia do DNI do solicitante e do cónxuxe ou acompañante se procede (no caso de non asinar a autorización para a súa consulta).
• Declaración responsable do estado de saúde do solicitante e a do seu cónxuxe ou acompañante se procede, no apartado incluído na solicitude.
No caso de que dúas persoas queiran acudir xuntas ao mesmo destino e quenda, presentarán unha única solicitude para a súa baremación conxunta, acompañada da documentación que nela se indica.
Prazo de presentación de solicitudes
Estará aberto ata o día 10 de maio.
Para mais información:
• Teléfono social (gratuito): 900 333 666.
• Servizo de Primeira Atención (Servizos Sociais Comunitarios), sito na rúa Isaac Díaz Pardo, nº 2-4 (Galeras). De luns a venres (agás os xoves), en horario de mañá, sen cita previa. Teléfono 981-54.24.65.
• UTS de referencia, segundo o domicilio da persoa interesada. Para acudir a estes dipositivos debe solicitar cita previa (Teléfono 981-54.24.65.).
Fonte: Manual de traballo, información e asesoramento en Servizos Sociais (MATIASS); Consellería de Traballo e Benestar – Xunta de Galicia. 2014.
Documentación relacionada