30/04/14
OBRADOIRO DE PREVENCIÓN DO ABSENTISMO ESCOLAR
Hoxe deu comezo o Obradoiro de Prevención do Absentismo Escolar. Programado desde o Programa Municipal Socioeducativo , o seu obxectivo é incrementar as competencias e destrezas das persoas participantes na área educativa, así como previr situacións de absentismo escolar. As profesionais encargadas da súa impartición son as técnicas dos diferentes Programas Municipais dos Servizos Sociais Comunitarios. Cóntase tamén coa participación das Orientadoras dos IES Xelmírez 2, e CEIP de Vite.
As sesións desenvolveránse os días 30 de abril, 7 e 14 de maio de 2014, en horario de 10:00 a 13:00 na Casa das Asociacións de Benestar Social.