Novas

29/04/14

GRAN ÉXITO DO SEGUNDO ENCONTRO DE CENTROS PARA UNHA CONVIVENCIA POSITIVA

Durante os días 24 e 25 de abril tivieron lugar en Santiago os II Encontros de Centros para unha Convivencia Positiva. Foron dúas xornadas intensas e enriquecedoras cunha participación moi alta que sobrepasou as expectativas; 23 centros de toda Galicia, 75 alumnos e alumnas dos equipos de mediación e convivencia dos centros participantes, máis de 60 profesores e membros de equipos directivos e departamentos de Orientación e por primeira vez nun evento destas características, participaron máis de 30 pais e nais de moitos dos centros educativos.

A sesión inaugural estivo a cargo dos directores dos tres centros organizadores (Mario Díaz do IES Antonio Fraguas de Fontiñas, Adelino Pose do IES Xulián Magariños de Negreira e Virginia Rodríguez do IES Fin do Camiño de Fisterra) a concelleira das áreas de Servizos Sociais e Educación, María Castelao e o Director Xeral de FP e Innovación Educativa da Consellería de Educación, Manuel Cooredoira.

Documentación relacionada


© 2009 Concello de Santiago - Concellería de Políticas sociais, diversidades e saúde.
Rúa Isaac Díaz Pardo, nº4 - 15705 (Tlfno. 981 542 465)