29/04/14
Bases do Concurso de Fotografía Barrios Abertos
Que é para ti a integración?
BASES DO CONCURSO DE FOTOGRAFÍA
Obxectivo: Facer reflexionar sobre a convivencia e os beneficios da interculturalidade a través das imaxes.
As/os concursantes deberán achegar fotografías que para eles/elas signifiquen convivencia, tolerancia ou participación comunitaria. Poden ser tomadas tanto no seu entorno familiar, como no ámbito escolar como en lugares públicos.
*Se nas imaxes aparecen menores de idade será necesaria a autorización dos país, nais ou titores para poder enviala a concurso.
CATEGORÍAS:
• Categoría infantil (de 6 a 11 anos)
• Categoría xuvenil (de 12 a 17 anos)
• Categoría adultos/as (de 18 anos en diante)
PREMIOS
Infantil
1º- Un galardón + vale por 50€ para compra na Librería Pedreira.
2º e 3º- Un galardón + un exemplar do conto A Sombra dos Anacardos
Xuvenil
1º- Un galardón + vale por 50€ para a Librería Pedreira
2º e 3º- Un galardón + un exemplar do cómic Dominicanas Somos
Adulto/a
1º- Un galardón + cesta de produtos de diferentes culturas.
2º e 3º- Un galardón + un exemplar do libro Ao Compás das Mareas
Cada participante poderá presentar ata un máximo de 3 fotografías individuais ou unha serie compostas de tres fotografías cada unha.
As fotografías deberán ser presentadas en formato JPG, cunha resolución mínima de 300ppp e deberá ocupar 5MB como máximo. Poden ser tomadas cunha cámara de fotos dixital, compacta ou profesional, ou directamente dende o móbil, sempre que cumpran coas características de calidade expostas anteriormente.
A fotografía deberá aportar a información sobre o autor (nome, apelidos e idade), o lugar onde foi tomada, o título e unha frase explicativa sobre o que se quere transmitir coa imaxe.
Exemplo ficticio de como presentar a foto a concurso:
“Compartindo a mesa”
Foto de Lucía Hernández, de 16 anos, tomada na casa duns veciños do barrio de San Pedro. A imaxe amosa unha comida de domingo no que dúas familias, unha galega e outra senegalesa, comparten a sobremesa.
Aquelas persoas interesadas poderán facer entrega das súas obras e de resto de documentos requiridos dende o 21 de abril ata o 30 de maio do 2014 no seguinte enderezo electrónico: galicia@acpp.com. Para máis información poden escribir un correo electrónico a dito enderezo ou chamar ao 881977339.
Farase unha primeira selección de todas as imaxes que cumpran coas bases do concurso, tanto en calidade como en temática, e estas serán publicadas no Facebook de Asemblea de Cooperación pola Paz para que todo o mundo poida velas. Despois un Xurado, integrado por dous representantes da rede de organización de Fontiñas e outros dous da rede de organización de San Pedro, xunto con un representante de ACPP e un fotógrafo da Asociación Galega de Reporteiros Solidarios, escollerán as tres mellores imaxes por categoría.
O resultado do concurso publicarase antes do 20 de xuño na web das organizacións que integran o proxecto, nas súas redes sociais e enviarse a información aos Centros Socioculturais para que a penduren no seu taboleiro de anuncios. Unha selección das imaxes imprimirase e exporase nos centros socioculturais e nos centros educativos o vindeiro curso escolar.
*Os participantes ceden todos os dereitos de difusión de tódalas imaxes presentadas a concurso a Asamblea de Cooperación por la Paz no marco das súas campañas de sensibilización sobre integración social.