05/04/10
PROXECTO DE EDUCACIÓN DE ADULTOS
A Concellería de Benestar Social pon en marcha un Proxecto de Educación para persoas Adultas que vai dar comezo o día 6 de abril, destinado a toda a Área de Acción Social do Concello de Santiago de Compostela.
O proxecto está composto das seguintes actividades:
1.Alfabetización Dixital (Iniciación á Informática) dirixido a persoas que precisen adquirir habilidades educativas e profesionais para participar no mercado laboral con maior seguridade, mellorar habilidades profesionais ampliar os seus coñecementos mediante un novo medio de información actual e atractivo.
2.Alfabetización (Nivel I) dirixido a persoas adultas que non dominan as técnicas instrumentais elementais sendo o seu obxectivo dotalas de coñecementos, destrezas, habilidades e técnicas imprescindibles que lles faciliten a súa promoción persoal, social e laboral.
3.Alfabetización (Nivel II) dirixido a persoas que manexan destrezas básicas pero non acadan os coñecementos mínimos para obter o Graduado en ESO.
4.Español para Estranxeiros (ELE) dirixido ás persoas inmigrantes que precisan dos recursos comunicativos imprescindibles para o manexo de situacións cotiás e para relacionarse no ámbito comunitario dun xeito eficiente.
O proxecto responde a unha necesidade detectada polos distintos servizos da Área de Acción Social polo que as prazas xa están cubertas.