10/04/14
SEGUNDO ENCONTRO PARA UNHA CONVIVENCIA POSITIVA
OS VINDEIROS 24 (XOVES) E 25 DE ABRIL (VENRES) TERÁ LUGAR O SEGUNDO ENCONTRO DE CENTROS PARA UNHA CONVIVENCIA POSITIVA
O NOSO IES XUNTO CO IES FIN DO CAMIÑO DE FISTERRA E O IES XULIÁN MAGARIÑOS DE NEGREIRA SEREMOS OS ORGANIZADORES DO EVENTO.
NEL PARTICIPARÁN 75 RAPACES E RAPAZAS DOS EQUIPOS D MEDIACIÓN E CONVIVENCIA DE 23 CENTROS GALEGOS E MÁIS DE 60 PROFESORES. POR PRIMEIRA VEZ, AS FAMILIAS VAN TER TAMÉN O SEU ÁMBITO DE FORMACIÓN E PARTICIPACIÓN.
ÁS ACTIVIDADES FORMATIVAS HABITUAIS COMO CHARLAS, CONFERENCIAS E TALLERES, INCORPÓRANSE OUTRAS NOVIDOSAS COMO O OPEN SPACE OU O WORLD CAFÉ, AMBAS BASEADAS NA APRENDIZAXE COOPERATIVA.
O PROGRAMA COMPLÉTASE CON ACTIVIDADES DE CONVIVENCIA E LÚDICAS.
COMO NON PODÍA SER MENOS, ESTÁN PRESENTES NO ENCONTRO, DIVERSAS ENTIDADES DO BARRIO, FACENDO VER UNHA VEZ MÁIS A IMPORTANCIA DA RELACIÓN ESCOLA-COMUNIDADE E DO TRABALLO EN REDE. GRACIAS A TODOS ELES.
XÚNTASE O CARTEL E O PROGRAMA.
Documentación relacionada