01/04/14
AXUDAS APOIO A MULLERES QUE SOFREN VIOLENCIA DE XENERO
Incorpórase á web Compostela Integra información sobre a apertura de plazo de solicitude para a prestación económica de axudas periódicas de apoio a mulleres que sofren violencia de xénero (Xunta de Galicia).
Normativa:
Resolución do 27 de marzo de 2014, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se regulan as bases para a concesión das axudas periódicas de apoio a mulleres que sofren violencia de xénero, e se procede á súa convocatoria para o ano 2014.(DOG nº 61 do 28/03/2014)
Obxecto:
Proporcionarlles apoio económico ás mulleres que sofren violencia de xénero, mediante prestacións económicas individuais e de carácter periódico, que lles garantan unhas condicións suficientes de independencia económica respecto do agresor e lles posibiliten dar o primeiro paso ou consolidar a ruptura dunha situación en que corren perigo.
Beneficiarias:
Mulleres que, acreditando unha situación de convivencia que as poña en risco de sufrir violencia de xénero, se atopen nunha situación que lles impida afrontar o seu futuro dun xeito autónomo e independente do seu agresor e que dispoñan dalgún dos documentos acreditativos desta situación de violencia adoptado ou emitido no período dos doce meses anteriores á data da solicitude sempre que nese momento se producise o cesamento da convivencia.
Requisitos:
• Ser muller, maior de idade ou emancipada, vítima de violencia de xénero nunha relación de convivencia.
• Ter cesado a convivencia co agresor dentro dos doce meses anteriores á data de presentación da solicitude.
• Estar empadroada e residir en Galicia e, no caso das mulleres estranxeiras, ter permiso de residencia.
• Percibir uns ingresos mensuais iguais ou inferiores a 1,5 veces o IPREM vixente.
• Non ter percibido esta axuda ou a axuda establecida no artigo 27º da Lei orgánica 1/2004, do 28 de decembro, de medidas de protección integral contra a violencia de xénero con anterioridade.
Prazo de presentación:
O prazo de presentación de solicitudes comezará o día seguinte ao da publicación DOG e rematará o 31 de outubro de 2014.
Para mais información:
• Teléfono social (gratuito): 900 333 666.
• Servizo de Primeira Atención (Servizos Sociais Comunitarios), sito na rúa Isaac Díaz Pardo, nº 2-4 (Galeras). De luns a venres (agás os xoves), en horario de mañá, sen cita previa. Teléfono 981-54.24.65.
• UTS de referencia, segundo o domicilio da persoa interesada. Para acudir a estes dipositivos debe solicitar cita previa (Teléfono 981-54.24.65.).
• Centro de Información á Muller (CIM), sito na Isaac Díaz Pardo, nº 2-4 (Galeras). Solicitar cita previa no teléfono 981-54.24.65.
Fonte: Manual de traballo, información e asesoramento en Servizos Sociais (MATIASS); Consellería de Traballo e Benestar – Xunta de Galicia. 2014.
Documentación relacionada