31/03/14
Monográfico Contacontos
Os días 26 e 27 de abril levarase a cabo o curso de contacontos que organiza Cruz Vermella Xuventude, en horario de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00. O prezo é de 40 €, con desconto do 10% para estudantes e desempregados/as.
OBXECTIVOS:
Obxectivo xeral
Desenvolver habilidades expresivas e reursos para a realización de contacontos
Obxectivos específicos
•Facilitar o achegamento ás técnicas de narración oral o arte do contacontos e as súas posibilidades en ocio e educación a educadoras/es e monitoras/es.
•Aprender técnicas orais e interpretativas de relaxación, confianza e linguaxe corporal e escénico como instrumentos de traballo.
•Desenvolver habilidades de comunicación e aplicacións lúdicas e artísticas na labor educativa (profesional ou voluntaria) diaria.
•Realizar unha montaxe completa dun contacontos dende a selección do conto e as adaptacións ata a posta en escena.
PROGRAMA DE CONTIDOS:
1.Técnicas de voz, movemento e adestramento do contador/a
2.Ferramentas e recursos narrativos e interpretativos
3.Montaxe eficaz dun contacontos dende a selección do conto a posta en escena
4.Adaptacións educativas e artísticas en actividades educativas
Documentación relacionada