Novas

IES Antonio Fraguas Fraguas
18/03/14

XORNADA NA USC SOBRE O TRABALLO EN REDE

A orientadora do IES Antonio Fraguas compartirá a experiencia do traballo comunitario en rede co alumnado de Educación Social da USC, o día 19 de marzo.
Na súa intervención, Lola Sanz irá acompañada de Laura Morales, alumna do último curso do Grao de Educación Social, quen ademais está a facer o seu traballo fin de grao sobre o noso barrio.
Trátarase ademais de incidir na importancia do papel dos educadores sociais no ámbito socioeducativo e do traballo interdisciplinar.

© 2009 Concello de Santiago - Concellería de Políticas sociais, diversidades e saúde.
Rúa Isaac Díaz Pardo, nº4 - 15705 (Tlfno. 981 542 465)