Novas

Plataforma polo Emprego
13/03/14

PLATAFORMAPOLO EMPREGO IMPARTE OBRADOIRO DE EMPRENDEMENTO

A PLATAFORMA IMPARTE "MEDRANDO" OBRADOIROS DE EMPRENDEMENTO
TOTAL HORAS: 12. TOTAL SESIONS: 4 (días 14, 17, 18 e 19 de marzo ).
HORARIO: 10:30 a 13:30 horas, no edificio municipal CERSIA en San Lázaro

OBXECTIVOS PRINCIPAIS:
Proporcionar ás persoas participantes unha formación básica na área do emprendemento necesaria para valorar a posibilidade de decidir iniciar o camiño do emprendemento e/ou autoemprego e avanzar na posta en marcha de iniciativas empresariais.

CONTIDOS QUE IMOS TRATAR:

I. ORGANIZACIÓN EMPRESARIAL
• A idea de empresa, o emprendemento, o plano de empresa
• Formas xurídicas de empresa e trámites
• Aspectos básicos da fiscalidade na empresa
• Documentación básica na empresa
• Estrutura organizativa e xestión de rrhh

II. MARKETING E COMERCIALIZACIÓN
• Mercado: clientes, competencia e provedores
• Ferramentas básicas do marketing: produto: prezo, distribución, publicidade e a comercialización
• Habilidades para o trato ao cliente

III. ANÁLISE ECONÓMICO-FINANCEIRO
• Financiamento (tipos)
• Plan económico e viabilidade económico-financeira da empresa
• Subvencións e axudas (características, trámites e tipos)

Documentación relacionada


© 2009 Concello de Santiago - Concellería de Políticas sociais, diversidades e saúde.
Rúa Isaac Díaz Pardo, nº4 - 15705 (Tlfno. 981 542 465)