Novas

Servizos Sociais: PASS CABES
17/01/14

Entrega de diplomas aos participantes nos programas municipais de inclusión sociolaboral e de intervención socioeducativa

O 16/01/2014 a concelleira de Benestar Social, María Castelao, presidiu na Casa das Asociacións de Benestar Social (CABES) o acto de entrega de diplomas dos programas municipais de Mellora na Calidade da Vivenda, Inclusión Sociolaboral e Intervención Socioeducativa.
O obxectivo destas accións formativas era a adquisición e o incremento das competencias e destrezas das persoas participantes, dende unha metodoloxía grupal, para que sexan máis autónomas e eficientes na relación cos diferentes organismos e entidades, ao tempo que se favorece o seu desenvolvemento persoal e social.

Nestas accións formativas participaron unhas 150 persoas. Contouse coa colaboración de profesionais de diferentes ámbitos, en resposta ás necesidades percibidas polos técnicos da área social, observadas na interacción cos usuarios de Servizos Sociais Municipais.

Participaron tamén no acto as persoas que asistiron ás clases de de Alfabetización de Adultos, Preparación de Competencias Claves e Educación Secundaria de Adultos, organizadas tamén dende os Programas Municipais de Inclusión Sociolaboral e Intervención Socioeducativa.

Logo da entrega de diplomas, profesionais de Abrollarela impartiron uns obradoiros de lecer dirixidos aos participantes e ás súas familias.

© 2009 Concello de Santiago - Concellería de Políticas sociais, diversidades e saúde.
Rúa Isaac Díaz Pardo, nº4 - 15705 (Tlfno. 981 542 465)