Novas

Centro Quérote +
08/01/14

Quérote+: Un novo servizo de consulta a través do Whatsapp

Os Centros Quérote+ veñen de poñer en marcha unha nova vía de consulta a través do Whatsapp. A parte das xa coñecidas vía de consulta presencial, telefónica e on-line, mozos e mozas, poderán formular as súas dúbidas, curiosidades, preocupacións a través dos seus teléfonos sinxelamente agregando a Quérote+ aos seus contactos.
O servizo atenderase de luns a venres no seguinte horario: de luns a xoves de 9 a 13:30 e de 17 a 18:30, e os venres de 9 a 13:30 horas.
O teléfono de atención a través do Whatsapp é o: 647 018 752.

Para calquera consulta sobre o funcionamento do servizo pódese consultar de forma presencial no centro Quérote+ de referencia ou no teléfono 881 997 613.

© 2009 Concello de Santiago - Concellería de Políticas sociais, diversidades e saúde.
Rúa Isaac Díaz Pardo, nº4 - 15705 (Tlfno. 981 542 465)