17/12/13
TERMALISMO SOCIAL
Incorpórase á web Compostela Integra información sobre a apertura de prazo de solicitude para o PROGRAMA “TERMALISMO SOCIAL” (IMSERSO).
Requisitos das/dos solicitantes:
1. Ser pensionista do sistema da Seguridade Social polos conceptos de xubilación ou invalidez e, en todo caso, polo concepto de viuvez ou doutras pensións cando o beneficiario cumprira os 60 anos de idade. Tamén poderán ser beneficiarios/as das prazas os españois residentes no exterior, sempre que perciban unha pensión pública, teñan máis de 60 anos e cumpran co resto dos requisitos.
2. Non padecer alteracións de comportamento que impidan a convivencia nos establecementos, nin enfermidade infecto-contaxiosa.
3. Poder valerse por si mesmo para as actividades da vida diaria.
4. Precisar os tratamentos termais solicitados e carecer de contraindicación médica para a recepción dos mesmos.
5. Acadar de conformidade coa valoración establecida a puntuación que lle permita acceder a un dos balnearios e quendas solicitadas. Ponderaranse as seguintes variables:
o Grao de necesidade de recibir os tratamentos termais.
o Situación económica dos solicitantes.
o Idade dos solicitantes.
o Que non disfrutara da praza en anos anteriores.
o Se o/a solicitante e membro dunha familia numerosa.
o Outras circunstancias excepcionais non contempladas nas variables anteriores.
O/A solicitante poderá ir acompañado do seu cónxuxe ou da persoa con quen conviva en relación de parella, para a que non se esixe a obriga de percibir pensión da Seguridade Social.
Documentación:Se a temporada pasada a persoa solicitou praza e reunía os requisitos para participar no programa, o IMSERSO remitiralle por correo un modelo simplificado para a renovación da súa solicitude.
Se accede por primeira vez ao Programa ou volve a solicitalo logo de non telo feito no ano 2013, deberá formalizar nova solicitude e informe médico.
Prazo de presentación:Para as quendas dos meses de febreiro ata agosto (ambos inclusive):
• Con prioridade na adxudicación de praza: ata o día 16 de xaneiro de 2014.
• Para a súa inclusión na orde que corresponda, na lista de agarda de prazas: ata o día 16 de maio de 2014.
Para as quendas dos meses de setembro a decembro (ambos inclusive):
• Con prioridade na adxudicación de praza: ata o día 16 de maio de 2014.
• Para a súa inclusión na orde que corresponda, na lista de espera de prazas: ata o día 30 de outubro de 2014.
Para mais información:
• Teléfono social (gratuito): 900 333 666.
• Servizo de Primeira Atención (Servizos Sociais Comunitarios), sito na rúa Isaac Díaz Pardo, nº 2-4 (Galeras). De luns a venres (agás os xoves), en horario de mañá, sen cita previa. Teléfono 981-54.24.65.
• UTS de referencia (Servizos Sociais Comunitarios), segundo o domicilio da persoa interesada. Para acudir a estes dipositivos debe solicitar cita previa (Teléfono 981-54.24.65.)
Fonte: Manual de traballo, información e asesoramento en Servizos Sociais (MATIASS); Consellería de Traballo e Benestar – Xunta de Galicia. 2013..[/b]
Documentación relacionada