Novas

Equipo de Inclusión Sociolaboral. Concellería de Familia, Benestar Social, Muller e Emprego
25/11/13

Accións Formativas. PROXECTO PERSOA V.

A Concellería de Emprego, Comercio, Turismo e Mercados, no marco do Pacto Social polo Emprego, publica as bases e regulamento do Proxecto "PERSOA V", cofinanciado polo F.S.E. a través do Ministerio de Administracións Públicas e o Concello de Santiago.

O proxecto Persoa ten como finalidade promover a integración laboral de persoas en situación de desemprego, a través da súa participación nun proceso integrado de inserción (formación, práctica en empresas e apoio a colocación), en ocupacións encadradas como novos xacementos de emprego.

Nesta segunda fase, ofértanse tres especialidades formativas:
- Conductor especializado en transporte adaptado de persoas maiores e dependentes
- Especialista na dinamización xerontolóxica en asociacións e entidades do terceiro sector.

O prazo de inscrición se inicia o martes 26 de novembro, e finaliza o luns 2 de decembro de 2013.

Ver nos documentos adxuntos as bases de convocatoria e o impreso de solicitude.

Documentación relacionada


© 2009 Concello de Santiago - Concellería de Políticas sociais, diversidades e saúde.
Rúa Isaac Díaz Pardo, nº4 - 15705 (Tlfno. 981 542 465)