Novas

20/11/13

ACTIVIDADE COMUNITARIA NO BARRIO DE FONTIÑAS

No día de onte, tivo lugar a clausura do PROXECTO “ A NOSA VIDA..., EN POSITIVO?: VULNERABILIDADE SOCIAL EN ADOLESCENTES; REFLEXIÓNS TÉCNICAS E EXPERIENCIAS VITAIS”. Celebrouse unha mesa redonda na que participaron:
* CENTRO DE EDUCACIÓN PERMANENTE DE ADULTOS DA CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN DESTINADOS NO CENTRO PENITENCIARIO DE TEIXEIRO.
* EQUIPO TÉCNICO DO MENOR DE A CORUÑA.
* COORDINADORA DA AREA DE CONFLICTO SOCIAL DE ARELA.
* FISCAL DE MENORES DE PONTEVEDRA.

A mesa foi presentada e moderada pola CONCELLEIRA DELEGADA DA AREA DE SERVIZOS SOCIAIS, Dona María Castelao Torres.

Coa mesma pretendíase pechar o proxecto que se levou a cabo ao longo dos meses de outubro e novembro con alumnado de Secundaria e Bacharelato no Instituto Antonio Fraguas. Unha experiencia, con enfoque preventivo, coa que se quixo traballar co alumnado temas da vida cotiá, relacionados con dificultades que poden atopar no proceso de crecemento persoal.

Ao acto, acudiron ao redor de 150 persoas, pertencentes a alumnado do IES, docentes, familiares e profesionais do ámbito socio-educativo.

Agradecemos a todos a participación e o interese amosado pola actividade.

© 2009 Concello de Santiago - Concellería de Políticas sociais, diversidades e saúde.
Rúa Isaac Díaz Pardo, nº4 - 15705 (Tlfno. 981 542 465)