Novas

IES Antonio Fraguas Fraguas
19/11/13

A NOSA VIDA EN POSITIVO.

Hoxe, 19 de novembro de 2013, terá lugar no IES Antonio Fraguas o último dos obradoiros desenvoltos, no marco da programación do proxecto sobre vulnerabilidade de adolescentes e mozos, A NOSA VIDA EN POSITIVO.

Nesta ocasión, trátase do obradoiro impartido por alumnos reclusos da EPA do centro penitenciario de Teixeiro.

Está dirixido a alumnado de 4º de ESO.

Lembramos que pola tarde, en horario de 16:30 a 18:30, no CSC de Fontiñas terá lugar a mesa redonda que clausura o conxunto de actividades previstas.

© 2009 Concello de Santiago - Concellería de Políticas sociais, diversidades e saúde.
Rúa Isaac Díaz Pardo, nº4 - 15705 (Tlfno. 981 542 465)