13/11/13
MESA REDONDA MENORES 19 DE NOVEMBRO DE 2013
Incorpórase á web Compostela Integra, cartel definitivo da Mesa redonda "A NOSA VIDA, EN POSITIVO?. VULNERABILIDADE SOCIAL EN ADOLESCENTES E MOZOS; REFLEXIÓNS TÉCNICAS E EXPERIENCIAS VITAIS", que terá lugar o vindeiro 19 de novembro de 2013, ás 16,30 horas, no Centro Sociocultural das Fontiñas e na que participarán:
* Fiscalía de Menores de Pontevedra: dereitos e obrigas dos menores; o papel das instancias xudiciais na protección do menor.
* Equipo Técnico de Menores de A Coruña: a diferenciación das situacións de risco e de desamparo; o papel da Administración Pública na protección do menor.
* Arela – Programa de prevención de condutas infractoras: explicación da Lei 5/2000, de responsabilidade penal do menor.
* Experiencias vitais: historias de vida de reclusos do Centro Penitenciario Teixeiro.
* Moderada por: Concelleira da Área de Servizos Sociais – Concello de Santiago de Compostela.
Destinatarios: Alumnado de 4º da ESO e de Bacharelato no IES Antonio Fraguas (idades: de 15 a 17 anos). Posibilidade de asistencia de profesionais do ámbito socioeducativo, pertencentes ás distintas redes comunitarias do municipio, e doutras persoas interesadas.
Documentación relacionada