Novas

Servizos Sociais: UTS Fontiñas
06/11/13

MESA REDONDA MENORES

O vindeiro 19 de novembro de 2013, de 16,30 a 18,30 horas, no Centro Sociocultural das Fontiñas, terá lugar a mesa redonda "A NOSA VIDA, EN POSITIVO?: VULNERABILIDADE SOCIAL EN ADOLESCENTES E MOZOS; REFLEXIÓNS TÉCNICAS E EXPERIENCIAS VITAIS", na que participarán:

* Fiscalía de Menores de Pontevedra: dereitos e obrigas dos menores; o papel das instancias xudiciais na protección do menor.
* Equipo Técnico de Menores de A Coruña: a diferenciación das situacións de risco e de desamparo; o papel da Administración Pública na protección do menor.
* Arela – Programa de prevención de condutas infractoras: explicación da Lei 5/2000, de responsabilidade penal do menor.
* Experiencias vitais: historias de vida de reclusos do Centro Penitenciario Teixeiro.
* Moderada por: Concelleira da Área de Servizos Sociais – Concello de Santiago de Compostela.


Destinatarios: Alumnado de 4º da ESO e de Bacharelato no IES Antonio Fraguas (idades: de 15 a 17 anos). Posibilidade de asistencia de profesionais do ámbito socioeducativo, pertencentes ás distintas redes comunitarias do municipio, e doutras persoas interesadas.

Documentación relacionada


© 2009 Concello de Santiago - Concellería de Políticas sociais, diversidades e saúde.
Rúa Isaac Díaz Pardo, nº4 - 15705 (Tlfno. 981 542 465)