Novas

05/11/13

OBRADOIRO DO EQUIPO TECNICO DE MENORES

Hoxe leváronse a cabo no IES Antonio Fraguas un obradoiro implementado polo Equipo Técnico de Menores de A Coruña (constituído por dous psicólogos e dúas traballadoras sociais) no que participaron dous grupos de 4º da ESO e un de Bacharelato. A maiores do alumnado (aproximadamente 75 rapaces e rapazas) e de persoal docente, asistiron profesionais pertencentes aos Servizos Sociais Comunitarios, ao Centro de Día Arela e ás Casas de Familia de Arela e Dignidade (ambas situadas en Santiago de Compostela).

No obradoiro explicóuselle ao alumnado os conceptos de situación de risco e de desamparo, o papel do Equipo Técnico para acadar a protección do menor así como os recursos e programas existentes para incidir nestes obxectivos.

Incorpórase en documento adxunto, imaxes da xornada.

Documentación relacionada


© 2009 Concello de Santiago - Concellería de Políticas sociais, diversidades e saúde.
Rúa Isaac Díaz Pardo, nº4 - 15705 (Tlfno. 981 542 465)