Novas

Servizos Sociais: UTS Fontiñas
05/11/13

Programa XUNTOS POLO NADAL

Incorpórase á web Compostela Integra información sobre a apertura de prazo para a participación no programa XUNTOS POLO NADAL (Xunta de Galicia). Dado o carácter familiar que teñen as festas navideñas e tendo en conta a situación de soidade na que se atopan moitas das persoas maiores, pola carencia de familiares, a Secretaria Xeral de Política Social convoca un total de 240 prazas para participar neste programa distribuídas do seguinte xeito:
- Residencia de Tempo Libre do Carballiño (120 prazas): 60 para a provincia de Pontevedra e 60 para a da Coruña
- Residencia de Tempo Libre de Panxón en Nigrán (120 prazas): 60 para a provincia de Lugo e 60 para a de Ourense.

Este programa vaise desenvolver nas datas comprendidas entre o 23 de decembro de 2013 e o 2 de xaneiro de 2014.

O Programa contempla o aloxamento, en habitacións compartidas e manutención en réxime de pensión completa, durante 11 días (10 noites) que se computarán desde o momento de saída do lugar de orixe ata o momento da saída do centro no que se leva a cabo.

Persoas beneficiarias:
* Ser maior de 65 anos.
* Residir na Comunidade Autónoma de Galicia.
* Valerse por si mesmo e non padecer enfermidade infecto-contaxiosa activa nin trastornos mentais ou condutuais que poidan alterar a convivencia.
* Non estar acollido en ningún centro residencial.
* Ter que pasar só/a as datas do Nadal.

Os solicitantes cuns ingresos inferiores ao IPREM (532,51 €), asistirán de forma gratuíta ao programa, mentres que aqueles cuns ingresos superiores a dito importe contribuirán ao pagamento da estadía coa achega de 50 €.

Prazo de presentación:
Ata o 25 de novembro de 2013.

Para mais información:

Teléfono social (gratuito): 900 333 666.
Páxina web da Consellería de Traballo e Benestar: http://benestar.xunta.es
Servizo de Primeira Atención (Servizos Sociais Comunitarios), sito na rúa Isaac Díaz Pardo, nº 2-4 (Galeras). De luns a venres (agás os xoves), en horario de mañá, sen cita previa. Teléfono 981-54.24.65.
UTS de referencia, segundo o domicilio da persoa interesada. Para acudir a estes dipositivos debe solicitar cita previa (Teléfono 981-54.24.65.)

Fonte: Manual de traballo, información e asesoramento en Servizos Sociais (MATIASS); Consellería de Traballo e Benestar – Xunta de Galicia. 2013.

Documentación relacionada


© 2009 Concello de Santiago - Concellería de Políticas sociais, diversidades e saúde.
Rúa Isaac Díaz Pardo, nº4 - 15705 (Tlfno. 981 542 465)