Novas

Servizos Sociais: PASS CONXO
30/10/13

FESTA DAS CABAZAS. BARRIO DE CONXO

Achegamos información do programa da FESTA DAS CABAZAS do próximo sábado día 2 de novembro. Un proxecto participado polas principais entidades e colectivos do barrio de Conxo que conforman a Coordinadora das Festas Tradicionais.

Esta coordinadora nace co obxectivo principal de crear canles e espazos de interrelación e convívio promovendo a participación na cultura. A festa comeza o día 2 ás 18:00h no Campo de Conxo. Previamente, se queredes, podedes participar no CONCURSO DE CABAZAS TERRORÍFICAS e traelas ao Centro Sociocultural de Conxo os días 29 e 30.

Agardamos contar coa vosa presenza activa. Seredes benvidos e benvidas.

Documentación relacionada


© 2009 Concello de Santiago - Concellería de Políticas sociais, diversidades e saúde.
Rúa Isaac Díaz Pardo, nº4 - 15705 (Tlfno. 981 542 465)