14/10/13
OBRADOIRO DE RESOLUCIÓN DE CONFLITOS
Desde o Programa Municipal de Intervención Socioeducativa vaise a desenvolver o OBRADOIRO DE RESOLUCIÓN DE CONFLITOS co obxecto de promover as competencias e destrezas das persoas participantes para un tratamento e solución axeitados dos conflitos nos ámbitos familiar e sociocomunitario.
A finalidade da formación é mellorar as relacións dentro do seo familiar e da comunidade a través dunha xestión positiva dos conflitos que nestes contextos poidan xurdir.
O Obradoiro está dirixido a persoas que participan no Programa Municipal de Intervención Socioeducativa así como Usuarias e usuarios dos Servizos Sociais Comunitarios que trala oportuna valoración dos técnicos consideren que se beneficien positivamente da participación nesta acción formativa.
O Obradoiro consta inicialmente de tres sesións no mes de outubro, as cales se estructuran da seguinte forma:
1ª Sesión: Estratexias de comunicación e escoita activa.
2ª Sesión: Pautas, normas e Límites no fogar.
3ª Sesión: Resolución de conflitos no ámbito comunitario.
OBRADOIRO DE RESOLUCIÓN DE CONFLITOS
DATA: 16, 23 e 30 de outubro de 2013
HORA: 10:30-12:00
LUGAR: CABES, Rúa Manuel María nº 6 (Salgueiriños)
PRAZO DE INSCRIPCION: ata o 15 de outubro de 2013
REMITIR E-MAIL(ise@santiagodecompostela.org) COS DATOS IDENTIFICATIVOS DA PERSOA USUARIA (NOME, APELIDOS, DNI E TELEFONO) AS EDUCADORAS SOCIAIS ANTES DO DIA 15 DE OUTUBRO