Axenda

Unidade Municipal de Atención a Drogodependentes (UMAD). Concellería Familia, Benestar Social, Muller e Emprego

Formación

OBRADOIRO EMPRÉGATE, " PONTE EN MARCHA"

Prazo de inscrición: 16/03/2010 ata 06/04/2010
Lugar: INSTALACIÓNS DA UMAD

flecha Ver máis datas do evento


OBRADOIRO DE EMPREGO PARA XOVENES, co que se pretende achegar á poboación nova desempregada, que non acadou ningunha formación e que na actualidade se atopa sen moita información sobre que poden facer na súa situación. Algúns pais ven con preocupación o futuro dos seus fillos desocupados e sen posibilidades reais de emprego.
OBXECTIVO: Informar das opcións existentes para os mozos que non teñen acadados os estudios primarios e facer unha orientación individualizada ao remate do obradoiro.

POBOACIÓN DESTINATARIA:
1.Xoves que abandonaran o sistema educativo regrado aos 16 anos ou tiveran dificultades en dito proceso.
2.Que na actualidade, non están nin traballando nin matriculados en algún centro educativo.
3.Preferentemente con demanda por parte da familia.
4.Que descoñezan os recursos existentes na cidade para a busca de emprego.
MATRICULA: entregar a folla de matricula na UMAD ou mandala por fax 981528780 ata o día 6 de abril
No caso de ser menor de idade debe ter a autorización escrita dos pais ou titor legal
Información: 981/528787 (contactar con Pilar Sabio) ou psabios@santiagodecompostela.org
Datas: Do 13 de abril ao 4 de maio, de 11:30 a 13:00 h
Lugar de impartición: UMAD. R/ Manuel María 8

© 2009 Concello de Santiago - Concellería de Políticas sociais, diversidades e saúde.
Rúa Isaac Díaz Pardo, nº4 - 15705 (Tlfno. 981 542 465)