Axenda

FADEMGA FEAPS GALICIA. Federación de Asociacións en Favor das Persoas con Discapacidade Intelectual de Galicia

Eventos

Novas 15 Seminario sobre discapacidade intelectual e saúde mental

Data do evento: 26/11/2021
Lugar: Facultade de Psicoloxía da Universidade de Santiago de Comportela (USC)

flecha Ver máis datas do evento


O noso "Seminario sobre discapacidade intelectual e saúde mental" retoma por fin a normalidade, polo que volveremos a vernos de xeito presencial!

O vindeiro 26 de novembro a Facultade de Psicoloxía da USC en Santiago de Compostela acollerá a 15 edición deste clásico da Federación, que nesta ocasión contará cun relatorio sobre o impacto da Covid-19 no benestar emocional das persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento a cargo de Mercedes Domínguez Fernández (Enfermeira da Unidade de coordinación e apoio asistencial a residencias da área sanitaria A Coruña e Cee e especialista en enfermería familiar e comunitaria) así como co relatorio sobre desenvolvemento de contornas sociais competentes, a cargo de Jose Alfonso Muñoz de la Fuente (Psicólogo do Equipo Iridia, consultores en discapacidade).

Igualmente, acompañaranos nesta xornada o Doutor Ánxel Carracedo, Catedrático da Facultade de Medicina da USC, que nos falará sobre o proxecto DISECMAS, de investigación biomédica sobre as bases xenéticas da discapacidade intelectual, despois da primeira achega que se realizou o pasado mes de outubro para as familias participantes en dito proxecto, e que podedes volver a ver neste enlace:


O prazo para realizar a vosa inscrición no Seminario 2021 estará aberto ata o vindeiro 19 de novembro.

Podedes descargar a inscrición e programa da xornada NESTE ENLACE: https://fademga.plenainclusiongalicia.org/gl/mais-novas/novas/1796-15-seminario-sobre-discapacidade-intelectual-e-saude-mental

© 2009 Concello de Santiago - Concellería de Políticas sociais, diversidades e saúde.
Rúa Isaac Díaz Pardo, nº4 - 15705 (Tlfno. 981 542 465)