Axenda

AMICO (ASOCIACIÓN DE PERSOAS CON DISCAPACIDADE DE COMPOSTELA E COMARCA)

Eventos

AMICO REMATA O SERVIZO DE REHABILITACIÓN X ESTREANDO A PÁXINA WEB AmicoRehabilitación

Data do evento: 23/12/2020

flecha Ver máis datas do evento


O programa SERVIZO DE REHABILITACIÓN X que desenvolve a entidade co apoio económico da Deputación de A Coruña, a través da convocatoria de subvencións de mantemento de servizos sociais FOAXE-P para o ano 2020 , pon punto e final este ano 2020.

Nestes últimos días do ano, estamos a xestionar os detalles da xustificación do programa, e daremos definitivamente a luz verde a unha das accións que se estiveron a artellar, a páxina web AmicoRehabilitación. Un espazo especifico para dar soporte á difusión do programa subvencionado pola Deputación de A Coruña e coas aportacións das persoas participantes.

O portal web encontrase co mesmo dominio preexistente, axustando así de un modo mais eficaz os recursos da entidade, e agrupando por tanto as publicacións de interese e actualidade tanto do programa como da asociación.
Animámosvos a consultar detalles do programa na web AmicoRehabilitación en www.amico.es

Descubridedes que a entidade tamén estivo a traballar no novo diseño e imaxe corporativa, para conseguir atraer a un maior número de militantes coa misión da entidade.
Agardamos vos guste.

© 2009 Concello de Santiago - Concellería de Políticas sociais, diversidades e saúde.
Rúa Isaac Díaz Pardo, nº4 - 15705 (Tlfno. 981 542 465)