Axenda

AMICO (ASOCIACIÓN DE PERSOAS CON DISCAPACIDADE DE COMPOSTELA E COMARCA)

Eventos

SERVIZO DE REHABILITACION VIII

Prazo de inscrición: 01/01/2018 ata 08/06/2018
Lugar: Santiago de Compostela
Observacións: Buscamos colaboración con entidades privadas de iniciativa social e entidades públicas para achegar o programa a mais territorios.

flecha Ver máis datas do evento


A asociación AMICO pon en marcha un ano mais os tratamentos e actividades de rehabilitación integral que permite as persoas con discapacidade desenvolver o seu proxecto vital e incrementar a oferta de actividades adaptadas.

Accións que integra
• Fisioterapia
• Terapia ocupacional
• Actividades acuático terapéuticas
• Ximnasia de mantemento adaptada
• Taller de atencíon psicosocial
• Xornadas informativas sobre as vantaxes da rehabilitación dende a perspectiva da fisioterapia, a terapia ocupacional e a realización de actividade física, nas persoas con discapacidade.

Trátase dun programa que se integra na Convocatoria FOAXE 2018 solicitada pola Asociación AMICO á Deputación de Coruña.

Se queres participar diríxete á entidade info@amico.es

As entidades sociais, entidades públicas e resto de axentes da contorna teñen a posibilidade de colaborar/cooperar con AMICO con diferentes actuacións. Contacta con nós.

© 2009 Concello de Santiago - Concellería de Políticas sociais, diversidades e saúde.
Rúa Isaac Díaz Pardo, nº4 - 15705 (Tlfno. 981 542 465)