Eventos
II Xornada sobre Saúde Mental e Discapacidade Intelectual
Data do evento: 08/06/2018 ata 09/06/2018
Ver máis datas do evento
Xa estamos a traballar nunha nova edición da Xornada sobre Saúde Mental e Discapacidade Intelectual, que organizamos xunto coa asociación ASPANANE, e queremos contar coa túa participación!
A xornada celebrarase os días 8 e 9 de xuño. O día 8 de xuño será no Salón de actos do Hospital da Costa de Burela (Rafael Vior, s/n 27880 Burela (Lugo) e o 9 de xuño será no Conxunto histótico artístico de Sargadelos. Carretera río Cobo. San Ciprián Cervo).
Esta xornada, declarada de Interese Sanitario pola Consellería de Sanidade, ten como obxectivos:
•Dar a coñecer a profesionais de diferentes campos as particularidades das persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento que presentan alteracións da saúde mental.
•Dar a coñecer a profesionais de diferentes campos os recursos e ferramentas dispoñibles para apoiar as persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento.
•Promover un foro de reflexión e debate sobre a atención das persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento.
Anímate a participar! O prazo para anotarvos rematará o vindeiro 1 de xuño, e a inscrición deberedes remitila a areasocial@fademga.org
Descarga a ficha de inscrición e o programa da xornada na nosa páxina web.